Neste ano 2013 as actividades das Violetas, empezan propoñendo unha iniciativa conxunta, que como sempre mestura disciplinas artísticas de diferente catalogación.
Hai xa meses que se solicitou unha das mellores e mais fermosas salas expositivas da cidade para a presentación deste proxecto
Inaugurada onte,día 8 de marzo no C-Cultural Márcos Valcárcel (Edificio Simeón) de Ourense. Pola mañá, na rolda de prensa, Eva Moreira -Presidenta do Colectivo Violeta- deu unhas pinceladas do que as artistas pretendían amosar nesta exposición tan plural como heteroxénea, e invitou ós asistentes á Inauguración da tarde, donde a compañeira Diana Martínez faría unha visita guiada pola mostra, co público interesado. Artistas con experiencia de anos, veteranas do mundiño da cultura, compartirían espazo con nomes que comenzaban o camiño da difusión pública (que non da creación artística) da man, e á par.
A revista cultural Tempo de Lecer, publicou unha reseña sobre o presentación.
E Telemiño, difundiu tamén a proposta no Telexornal.
Con todo esto, nervos aparte... non sabíamos que agardar da Inauguración. E que atopamos..?
Unha sala ateigada de xente, disfrutando da arte ... do punto de vista estético e ecléctico deste grupo de artistas, capaces de cohesionar un proxecto tan variado como enriquecedor.
Foto: MIGUEL VILLAR (La Voz de Galicia) |
Aquí tendes o ENLACE Ó EVENTO DE FB, donde se pode seguir a actualidade sobre esta expo, e a colección de fotografías que se irán incorporando sobre a xornada de onte, tan completa como máxica.
Reportaxe de Ana Skette:
Enlace ó album -Inauguración- de FB de Ana Skette
(Se queredes que incorporemos as vosas fotos, subídeas ó grupo de FB, ou enviádellas por mail a Eva Moreira a cocinarte2009@gmail.com ou a colectivo.violeta.ourense@gmail.com)
No hay comentarios:
Publicar un comentario