domingo, 10 de marzo de 2013

Sobre os AVISOS

Como todas andamos con pouco tempo, e temos que economizar o que hai, penso que é boa idea linkar directamente as notificacións das cousas mais urxentes, ou que estén supeditadas a plazo dende a páxina principal.

Está claro que moitas veces non haberá nada que vencellar co post it... e nese caso, o icono da páxina principal sería este:  



Pola contra, se tivesemos algo importante que comunicar, ademais do post oportuno na páxina principal, faríamos un enlace directamente dende a portada ó post concreto... avisando da existencia desto cun icono así:

Evidentemente neste caso, ó entrar nel, lévanos directamente á información.

¿Que vos parece?


1 comentario:

  1. A mín paréceme unha moi boa idea, para ir ó grano neses días que o tempo escasee

    ResponderEliminar